Avia Veira pregunta ao Goberno local se vai cumprir o acordo plenario de retirada a Manuel Fraga da distinción de fillo predilecto

O Pleno do Concello da Coruña aprobou o 6 de maio de 2019 unha moción do BNG en que se instaba o alcalde (naquela altura Xulio Ferreiro) a que iniciase o procedemento para retirar a Manuel Fraga a distinción de fillo predilecto da cidade

A moción, que tivo o apoio da Marea e do Grupo Municipal Socialista, fora presentada polo BNG e defendida no pleno por Avia Veira. Respondía a unha iniciativa dun grupo de persoas represaliadas pola ditadura. Este colectivo trasladou a proposta aos distintos grupos municipais. Entre eles foi só o BNG quen a fixo súa.

Agora Avia Veira diríxese ao goberno local para saber se, con efecto, a alcaldesa ten previsto dar cumprimento a ese acordo plenario e, consecuentemente, instruír un expediente que resulte na retirada da distinción a Fraga. A concelleira nacionalista quer saber que prazos manexa o executivo coruñés para materializar a resolución do pleno.

O acordo plenario non se refería só a Fraga (distinguido polo concello o 24 de decembro de 1968), senón tamén a Laureano López Rodó, a quen a Corporación outorgou o título de fillo predilecto o 15 de maio de 1972.

A moción do BNG pendente aínda de se levar a termo instaba tamén o goberno local a “retirar as diferentes honras e distincións a destacados alcaldes que participaron na sublevación militar e fascista de 18 de xullo de 1936, xogan un papel destacado na represión ou ocuparon postos de responsabilidade na ditadura”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

16 − nueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.