Caballero eloxia o Petisquiño que na sexta edición reúne a 52 establecementos

A sexta edición do Petisquiño arrancará o 17 de outubro -ata o 10 de novembro – con 52 establecementos participantes. Na presentación, o rexedor louvou unha iniciativa que xuda a crear lugares de encontro en toda a cidade, ademais de fomentar a gastronomía de calidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou na presentación da sexta edición do concurso de tapas Petisquiño, organizado pola Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra co patrocinio público do Concello e da Deputación de Pontevedra. Iniciativas como o Petisquiño axudan a potenciar lugares de encontro en todas e cada unha as zonas de Vigo e “por iso nos agrada tanto”. Retomando éxitos como o da campaña das luces de Nadal, Caballero subliñou que os visitantes chegan a unha cidade cunha hostalaría e unha gastronomía “excepcional”, cunha “relación calidade-prezo única”.

Vigo xa está presente en todas as rutas turísticas e a hostalaría “é a infraestrutura máis importante deste piar económico que xa é o turismo. “O éxito de Vigo non é efémero, sodes grandes creadores de valor engadido e de emprego”, engadiu ao tempo que Vigo segue imparable cara converterse nunha cidade turística de primeira magnitude.

O Petisquiño desenvolverase este ano entre o 17 de outubro ata o 10 de novembro (unha semana máis que o ano pasado) e contará con 52 establecementos distribuídos polo Casco Vello; Náutico; Bouzas; zona Centro/Praza Compostela; Corte Inglés/Casablanca e Lavadores, que se incorpora este ano. Na presentación tamén estiveron presentes César Ballesteros, presidente de Feprohos e Nolo Giráldez, representante de Bodegas Grandes Pagos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.