@cdbainhas. A pizarra de Barca (C.D. BAÍÑAS)

Tócanos este domingo outro partido contra un dos que considero favoritos ao título xunto con Ponteceso, Muxía ou Cerqueda, que penso que estarán aí arriba. É a quenda da Esteirana, por enriba na súa casa e mentras seguimos mantendo a praga de baixas por lesións e sancións. A semana pasada fronte ao Ponteceso xa só poidemos contar con trece efectivos, e aínda que recuperamos a un par de xogadores, tamén sufrimos outro par de baixas nese encontro. Así que á espera de adestramento de hoxe, posiblemente non teñamos máis que 13-14 convocados sendo optimistas.

Pero tentando recuperar sensacións, as boas sensacións. O domingo pasado xa fomos capaces de competir máis e a idea é ir a Esteiro para sacar algo positivo, pero coa idea posta en poder recuperar a toda esa parte do equipo que temos inhabilitado por unha ou otra cousa. Puntuar e desputar un bo encontro tamén nos serviría para erguer a moral dun plantel que está algo tocado anímicamente. Pero a iso imos….a traer o que sexamos capaces de conseguer.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 + nueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.