Ciudadanos denuncia que a maleza invade as beirarrúas no barrio da Ponte

O concelleiro Juan Vidal considera inadmisible que no tramo urbano da Estrada Vella de Santiago a maleza alcanze os dous metros de altura. Ademais insta ao Goberno local a levar a cabo unha actuación integral de forma urxente nesta zona onde o alumeado público e o pavimento presenta serias deficiencias

O grupo municipal de Cs denunica a situación de abandono que vive o barrio da Ponte, onde a maleza invade as beirarrúas e dificulta o tránsito aos peóns, de forma especialmente preocupante no tramo urbano da Estrada Vella de Santiago, o que supón un claro risco para a seguridade viaria na arteria principal deste barrio. «Existen tramos onde é imposible que dúas persoas transiten á vez pola mesma beirarrúa. Ademais é imposible que o carrito dun bebé ou unha cadeira de rodas pase por alí», apuntou Vidal.

«Instamos ao Goberno local a que acometa os traballos necesarios de forma urxente. Hai que rozar xa. É unha vergoña a situación de abandono que vive neste sentido A Ponte. Desgraciadamente é a dinámica á que nos ten afeitos este Goberno local. Ignoráronse as nosas demandas pero o peor é que se están ignorando as demandas da veciñanza», sinalou o concelleiro da formación laranxa.

«Non é unha situación puntual. Nalgúns puntos a maleza alcanza os dous metros de altura. É unha mostra de que o barrio leva meses deixado da man deste Goberno», proseguiu. «O problema da maleza é só unha evidencia máis do abandono que afecta a esta zona de Lugo, onde o alumeado público é deficiente e existen rúas interiores nas que o pavimento está totalmente levantado. É necesario unha actuación integral urxente», concluíu.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 − 6 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.