Ciudadanos Lugo considera que licitar os postos do mercado e a praza de abastos “é unha medida insuficiente”

A voceira municipal, Olga Louzao, propón introducir melloras nas infraestrucutras, bonificacións fiscais para os novos emprendedores, e iniciativas en distintos ámbitos que seduzcan ao consumidor

A voceira do grupo municipal de Ciudadanos, Olga Louzao,  instou esta mañá ao Gobero bipartito a introducir un paquete de medidas para dinamizar o mercado e a praza de abastos. «O Goberno local non se poden limitar unicamente a licitar os postos baleiros do mercado e a praza de abastos. Con iso non chega. Necesitamos introducir melloras nas infraestructuras, bonificacións fiscais para os novos emprendedores, e iniciativas en distintos ámbitos que seduzcan ao consumidor», afirmou.

Neste sentido Louzao fixou o foco no crédito para melloras nestas instalacións que o Concello ten sen executar inexplicablemente. «O Concello conta con remanente de crédito asignado por valor de máis de 248.000 euros para traballos de rehabilitación repartido en tres partidas. Descoñecemos por que están sen executar. Rematar a obra do sotano é unha medida insuficiente. Qeremo saber que máis se vai facer e cando se vai facer», concluiu.

O grupo municipal de Cs considera que o investimento en rehabilitación debe ir aparellado dunha serie de medidas complementarias que dinamice a vida na praza de abastos e no mercado municipal. Neste sentido aposta por introducir bonificacións na Ordenanza Fiscal 114 para que a xente nova e os emprendedores poidan iniciar a súa actividade con garantias. Do mesmo xeito propón apostar por diversificar a oferta promovendo novos espacios gastronómicos con incentivos.

En novembro de 2017 o pleno aprobou por unanimidade a proposta do grupo municipal de Cs unha moción para revitalizar o mercado e a praza de abastos. «Lamentablemente dous anos despois as iniciativas aprobadas seguen sen cumprise», sinalou.  Louzao criticou que no pasado investiuse 34.000 euros de fondos públicos a cargo do Plan Urban nunha páxina web (www.mercadodelugo.es) como medida dinamizadora. «Entre os obxectivos desta páxina web estaba a posibilidade de permitir aos comerciantes a venda en liña dos seus productos. A páxina está sen actualizar desde hai meses. É inadmisible o abandono», dixo.

Cs aposta por impulsar un convenio co aparcadoiro subterraneo situado na praza de Santo Domingo. «É necesario poñer en marcha esta medida, relativamente sinxela pero seguro que moi productiva», proseguiu. «Taméne está paralizada a iniciativa de implementar un servizo de reparto a domicilio. Algo que consideramos moi necesario para seducir a novos consumidores», apuntou a concelleira da formación laranxa.

Ademáis, en marzo de 2019 a Asociación de Empresarios Lugo Monumental presentou uninforme remitido ao Goberno local coas deficiencias das devenditas instalacións no que instaba a esta Adminsitración a paliar os problemas de climatización, accesibilidade, limpeza e ilumuinación entre outros. «Queremos saber porque non foron escoitadas estas demandas. Trátasede medias concretas de grande impacto e de máxima urxencia que sen dubida axudariana dinamizar estos equipamentos», concluiu.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 + once =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.