Ciudadanos urxe ao Goberno local a mellorar a seguridade viaria na confluencia das rúas Serra de Meira e Calzada das Gándaras

Juan Vidal alerta das numerosas queixas veciñais pola velocidade coa que transitan os vehículos por esta zona. Ademais os contedores de lixo difcultan a visibilidade no paso de peóns de Serra de Meira. Asimesmo, considera que é necesario renovar o pavimento e instalar nova sinalización horizontal e vertical neste conflicitvo punto

O concelleiro do grupo municipal de Ciudadanos, Juan Vidal, instou esta mañá ao Goberno local a que mellore «de forma urxente» a seguridade viaria na confluencia das rúas Serra de Meira e Calzada das Gándaras. «Levamos tempo recibeindo queixas dos veciños e veciñas polo problema que supón que os vehículos circulen por este punto superando claramente os 50 quilómetros por hora. É un risco para os peóns. Xa se produciron varias saídas de calzada», sinalou Vidal.

O concelleiro da formación laranxa considera que é necesario introducir elementos disuasorio que contribúan a reducir a velocidade de tránsito. «É necesario instalar pasos elevados neste tramo. Os técnicos consultados recomendan instalar dúas bandas reductoras como mínimo, unha antes da curva e outra a altura do número 18-20 da calzada das Gándaras para garantir a seguridade dos peóns», asegurou. Ademáis segundo o edil é urxente renovar a capa de rodadura nesta zona.«O pavimento presenta deficiencias notables. Hai socabóns de máis de 5 centímetros», proseguiu.

O grupo municipal de CS sosten que, de forma complementaria á renovación do pavimento e a instalación das bandas reductoras, é necesario mellorar tanto a sinalización vertical como a horizontal. «É unha zona con pouca iluminación polo que sería axeitado introducir sinalización luminosa no paso de peóns situado entre ambas rúas», apuntou.

De feito, segundo estima Cs por recomendación dos técnicos consultados, grande parte do risco xira ao redor deste paso de peóns. «Os contedores de lixo, tal e como están situados, impiden que tanto os conductores coma os peóns teñan unha visibilidade óptima. Isto, unido as outras deficiencias sinaladas constitúe un punto negro en potencia. O Goberno local non pode mirar para outro lado neste asunto. Esiximos unha actuación urxente», rematou.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

15 − 11 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.