Comunicado do Ceesg sobre a OPE da Xunta

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, tras coñecer o borrador de convocatoria do proceso selectivo de ‘Educador/a’ que foi facilitado aos sindicatos a semana pasada, comunica que:

  • Defendemos que a única titulación que debe ser admitida no proceso selectivo de “educador/a” é a de Educación Social (diplomatura ou grao), e seguirémolo reivindicando por todos os nosos medios ante a Dirección Xeral de Función Pública e as organización sindicais.
  • A aceptación doutras titulacións distintas de educación social sería un anacronismo inxusto e un agravio para as educadoras/es sociais, así como un factor que incide na calidade dos servizos socioeducativos ao non garantir o carácter interdisciplinar que debe caracterizar os equipos profesionais.
  • Lembramos que dende que se publicaron as OPEs de 2017 e 2018 témonos reunido coa Dirección Xeral de Función Pública, Conselleira de Política Social, Vicepresidente da Xunta de Galicia e co Comité Intercentros formado polos sindicatos para transmitirlles esta petición, que agora vemos que foi totalmente desoída.
  • A Xunta de Galicia debería dar exemplo na defensa do dereito da cidadanía a recibir unha atención especializada, así como na defensa dos dereitos das persoas que investiron esforzo, tempo e cartos nunha formación universitaria oficial, recoñecida pola administración pública. A día de hoxe, máis de 4000 persoas tituladas en Educación Social en Galicia.
  • Recordamos que precisamente a creación do título de Educación Social xurdiu ao detectarse unha necesidade de formación universitaria especializada á que non daba resposta ningunha titulación das existentes con anterioridade.
  • A pesar de que a Lei de Emprego Público de Galicia non recoñece o que vimos reclamando, o cambio sería posible se houbese unha vontade política real, pois tamén está na súa man modificar as mesmas normas que promulgaron.
Comparte:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco + 15 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.