Continúan as actividades teatrais no cemiterio de Lugo “E logo ti… Quen vés sendo?”

Achádego Teatro realizará unha nova visita o domingo 20 ás 17:30 horas. As visitas están limitadas a 50 persoas, que deben retirar unha invitación na Oficina Municipal de Turismo

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina lembrou que continúan as actividades teatrais E logo ti… Quen vés sendo?, cunha nova visita teatralizada ao cemiterio municipal que “se enmarcan no proxecto de difusión cultural do cemiterio, coa que se pretende mostrar a súa cara máis cálida e emocional, e tamén poñer en valor o patrimonio funerario”.

E logo ti… Quen vés sendo? É unha actividade teatral cuxo guión e interpretación corren a cargo de Achádego Teatro, grupo de teatro da cidade cunha importante traxectoria, a través da cal se poderán realizar unha serie de visitas ao recinto onde as diferentes persoas representadas en cada unha delas contarán aspectos relevantes das súas vidas, axudando tamén a situalos no tempo e na vida social e rememorando a historia da cidade.

Cristina López indicou que a seguinte visita se realizará este domingo, 20 de outubro, e estará limitada a 50 persoas que deberán retirar unha invitación na Oficina Municipal de Turismo, e lembrou que se pode obter máis información no 010.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro × dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.