@CorunaTurismo. Unha tapa elaborada por @PabloGallegoRes e viños da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo representan a cidade

Unha delegación do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña participa este xoves na gala de décimo aniversario da asociación de destinos gastronómicos Saborea España. O evento celébrase no Restaurante Pedro Larumbe de Madrid e contará coa presenza da Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto. En total son 20 os destinos gastronómicos que terán presenza, sendo A Coruña o único galego.

Durante o acto, cada un dos destinos gastronómicos estará representado por cociñeiros, embaixadores e produtos de cada lugar. No caso da Coruña será o chef Pablo Gallego quen elaborará unha tapa de ‘Mexillón galego en suave escabeche con xenxibre e brunoise de mazá’.
Ademais, para a escolla dos viños que representen o noso destino contouse coa colaboración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo a maiores das bodegas. En concreto, os caldos que se servirán serán o ‘Lorenzo Bescansa 2018’, o ‘Castro de Untía 2018’ e o ‘Bodegas Bordel’.
Acerca de Saborea España
Saborea España posiciónase como a primeira plataforma nacional –con vocación internacional— destinada a potenciar o turismo e a gastronomía de España. Está formada por 20 destinos turísticos e conta co obxectivo primordial de conseguir que os produtos gastronómicos do territorio sexan auténticas experiencias turísticas. O seu traballo foi fundamental para que o noso país fose escalando postos na clasificación de turismo gastronómico mundial, converténdose xa nunha realidade como destino de gastronomía e nunha auténtica potencia no sector.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.