DENDE O BANCO DE BARCA (Adestrador C.D. Baíñas). @cdbainhas 1 – 2 @PontecesoSD

Chegamos a este partido coa lousa enriba do partido de Cee, de onde saímos con catro sancionados e dous lesionados, polo que só demos xuntado unha convocatoria de trece xogadores. Deses trece, catro estaban tocados e dous nin sequera deberan ter entrado na listaxe final, pero debido aos problemas de xente que temos, tiveron que saltar ao terreo de xogo igualmente. 

Debito a todo isto, o prantexamento tivo que ser o de manterse replegados no noso campo e buscar accións a balón parado, causado tamén polo feito de que había xogadores que non estaban para soportar noventa minutos de partido. A primeira parte saíunos bastante ben, sen sufrir demasiado agás un tiro lonxano de Xuko que parou moi ben Brais. Mentras tanto, creámoslles bastante perigo sobre todo a balón parado coma o gol de Baba, pero tamén cun tiro de Toño que foi arriba por pouco, na prolongación do saque de banda. Un libre directo sacado por Luis entraba por toda a escadra se o porteiro non se lucise cunha gran parada, pero que deixan constancia de que aínda puidemos chegar a vestiarios con máis vantaxe no marcador.
Os problemas continuaron despois do descanso, onde tivemos que cambiar a Canosa por unha lesión que arrastraba da primeira metade, mentras que os recambios do banquiño tampouco estaban ao cen por cen, pero tiveron que entar por lesións dos compañeiros e aguantar no campo xente coma Baba ou Abel, que noutras circunstancias non estarían desputando minutos senón recuperándose, pois algún rematou coxeando. Neses intres empezamos a pasalo mal, pero aguantamos a primeira media hora pese a un Ponteceso volcado completamente, que consegue empatar nun tiro de fóra da área que da nun defensa e despista ao noso porteiro. Xa non quedou outra que arriscar algo máis e pronto chegou o penalti que daría a vitoria final ao Ponteceso, pois nós xa non tiñamos capacidade física, nin cambios que nos permitisen estar a un nivel competitivo.
As baixas de Cee vannos lastrar durante moitos partidos, e tamén as lesións que inoportunamente se van engadindo, pero cabe resaltar a parte positiva, a dos xogadores que o deron todo sobre o campo, que aguantaron moitos minutos e que puxeron todo canto son capaces de dar para sacar adiante o partido, cumprindo co cometido que lles fora encomendado. Tentaremos ir recuperando xente, curar feridas e sanar a clasificación, sumando todo o que poidamos mentras as cousas van voltando ao seu sitio.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.