@EsquerdaUnida chama a participar na concentración de Ferrol en apoio aos sindicalistas e traballadores denunciados por participar na manifestación de Alcoa

Esquerda Unida reitera o apoio aos sindicalistas e traballadores que están a ser investigados por participar na mobilización de Alcoa do pasado 28 de marzo, diante do Congreso, en Madrid.

Dende Esquerda Unida temos claro que é inaceptable que se investigue a estes sindicalistas e traballadores por defender á clase traballadora, polo que volvemos a esixir a necesaria derrogación da Lei Mordaza, que só criminaliza a protesta social e as mobilizacións, camiñando en contra dunha democracia avanzada.

Por todo isto, sumámonos e chamamos a participar nesta segunda concentración coa fin de arroupar aos sindicalistas e traballadores de Alcoa investigados. A concentración terá lugar mañá, 8 de outubro, ás 12 horas, diante dos Xulgados de Ferrol.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 + diez =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.