@eva_solla denuncia as prácticas fraudulentas do Sergas en materia laboral

Eva Solla, deputada do Grupo Común da Esquerda e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, volveu lembrar esta mañá na Comisión de Sanidade a situación de precariedade, sobre carga de traballo e temporalidade laboral que sofre o persoal dos servizos sanitarios polas duras políticas de recortes impostos polo PP. Eva Solla preguntou á directora de Recursos Humanos do Sergas, Margarita Prado, se considera que “a política laboral do Goberno é legal e axeitada e se respecta os dereitos laborais cando xa recibiu varias advertencias por parte de Europa, a Seguridade Social ou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)”.

“A realidade que sofre o servizo de saúde é intolerable de dunha constante precariedade que se evidencia nas sentenzas que se están a acumular por mor das prácticas fraudulentas que practica o Sergas á hora de facer contratacións en fraude de lei”, incide a deputada Eva Solla, “contratacións que van de luns a venres, despedindo ás persoas os sábados e os domingos ou, no caso de quendas rotatorias, despedindo ao persoal nos días libres”. Solla tamén incide na “práctica de concatenación de contratos e de contratación irregular”, corroborada polo Tribunal de Xustiza de Galicia nunha sentenza en contra do Sergas, “elementos moi grosos que se están a repetir en diversas sentenzas”.

A eliminación de postos de traballo mediante amortizacións dos mesmos e a escasa planificación nas ofertas públicas de emprego provocou unha perda de profesionais que afecta ao funcionamento do propio sistema e dificulta a                 coordinación dos servizos. Por iso, “hoxe preguntamos se os orzamentos que van entrar nesta cámara dentro dunhas semanas contemplan a necesidade de obter incrementos salariais para o persoal laboral, máis ofertas públicas de emprego e, por último, a necesidade de estabilización e mellora desta situación”.

Unha situación que afecta directamente á calidade asistencial que se presta nun servizo tan delicado como é o da saúde e vulnera tamén os dereitos laborais das traballadoras e traballadores, tanto en materia de abuso na temporalidade, tempos de descanso ou dereitos retributivos.

Solla preguntou tamén sobre cales foron as xestións feitas polo Goberno galego cos diferentes Gobernos centrais sobre a taxa de reposición dende a entrada en vigor da mesma ou se pensan dar cumprimento aos acordos retributivos acadados antes do inicio da crise.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 + 13 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.