@FeijooGalicia: “Galicia é unha terra que conta coa forza de galegas e galegos para marcar o seu propio destino”

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe a Galicia como unha terra onde o pobo e as institucións confabúlanse para convertela nun lugar estable, que evoluciona, cambia e se transforma sen sobresaltos. “Unha terra que conta coa forza de galegas e galegos para marcar o seu propio destino”, dixo, aseverando que nesta XXX Gala de entrega dos Premios Gallegos del Año 2019 atópase unha brillante selección destes galegos.

Ao longo da súa intervención, Feijóo afirmou que cada un dos galardoados expresa a galeguidade á súa maneira, “e ningún ve no galeguismo algo alleo, senón unha idea compartida e argumentada”, afirmou, e concluíu aseverando que estes premios naceron inspirados por unha gran fe no noso país.

“E fano ademais nun tempo iconoclasta no que algúns teiman por derrubar todo tipo de exemplos sociais, e cuestionar referentes que serven de faro a moita xente”, precisou, incidindo na importancia de destacar mulleres e homes que nos serven de modelo, e de convertelos en “mestres permanentes na nosa andaina colectiva”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diez + 16 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.