Heredeiros da Crus (@HDCofisial) A banda adiantaba o seu primeiro videosingle ‘Esquimales’ batindo record de visitas (Vídeo)

Cun feixe de 12 temas incontestables atesorados por guitarras amuralladas, melodías inquebrantables e a súa xa clásica e característica sorna, Heredeiros da Crus voltouno a facer.

Despois de casi 6 anos de silencio discográfico, a banda máis emblemática de Galicia, : ‘Esquimales’, asinado por Xaime Miranda, avanzaba a alta voltaxe que ‘Derretidos’ verte hoxe en todas as plataformas musicais.

Máis fortes ca nunca, coa súa aposta máis persoal e baixo a atenta mirada de Iago Lorenzo na produción, Heredeiros da Crus lanzan o seu disco máis contundente onde defenden o seu espíritu propio e definen e perfilan un son más rockeiro e atemporal.
As reminiscencias dos 70 de ‘Derretidos’ prometen novos himnos para os siareiros máis acérrimos, pero también supoñen unha firme aposta polo achegamento ao panorama nacional.
Heredeiros presentará o seu novo álbum hoxe xa no Arrecife en Vivo e posteriormente adentrarase nunha intensa xira por Europa e a Península: Londres (02/10), Barcelona (09/10), Madrid (23/10), Santiago de Compostela (30/10) e Xenebra (07/12)

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.