Inés Rey pon en valor o traballo do Clúster Saúde de Galicia durante a inauguración do IV Fórum RIES2019

Nesta edición tratarase a temática da economía da prata, o sector que trata de cubrir a demanda dos consumidores senior e presentaranse os primeiros resultados do proxecto europeo neuroATLANTIC

A alcaldesa da Coruña foi a encargada de inaugurar na mañá deste xoves o cuarto Fórum RIES2019, Retos Internacionais do Ecosistema Saúde 2019, que organiza o Clúster Saúde de Galicia. Un encontro entre os principais axentes do sector sanitario e sociosanitario do ámbito público e privado a nivel europeo para abordar os retos e oportunidades do ecosistema da saúde.

O desafío da economía da prata, un sector que trata de cubrir a demanda dos consumidores senior, é a temática do IV Fórum Internacional RIES. Unhas xornadas dirixidas aos profesionais que deben prepararse para o reto do envellecemento poboacional desde a perspectiva das oportunidades de investigación, innovación, creación de emprego, dinamización da economía e mellora dos servizos para as persoas maiores. Un encontro de debate e intercambio a través do contacto directo cos principais actores, que poñerán en común o seu traballo e darán a coñecer os seus avances e experiencias no campo so envellecemento activo e saudable.

A alcaldesa subliñou o labor da promotora das xornadas, o Clúster Saúde de Galicia, unha entidade sen ánimo de lucro cuxo principal obxectivo é dinamizar a competitividade da industria da saúde de Galicia contribuíndo ao seu desenvolvemento económico e social a través da cooperación entre todas as institucións públicas e privadas. “Co voso traballo poñedes o foco nun sector prioritario nunha sociedade que cada día demanda máis respostas” expuxo Rey.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diez − 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.