Jorquera pregunta ao Goberno local “se fixo algo para dar cumprimento ao compromiso da alcaldesa de procurar unha solución para Isowat”

O portavoz nacionalista quer saber se, tal e como se comprometera co cadro de persoal, Inés Rey se puxo en contacto cos gobernos galego e estatal

Isowat está nunha situación desesperada, á beira do fechamento, e o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, quer saber se, tal e como se comprometera co comité de empresa, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, fixo xestións xunto dos gobernos do estado e galego para procurar unha solución que evite a desaparición da fábrica coruñesa.

O certo é que a reunión da alcaldesa co comité de empresa foi en agosto e que a compañía, concluído xa o ERE temporal, se acha agora en pleno expediente de regulación de emprego por extinción.

No texto da iniciativa, unha pergunta por escrito que achegamos, Jorquera inquire ao goberno local se a alcaldesa mantivo contactos cos executivos estatal e galego e se arrancou deles algún compromiso concreto.

Pergunta tamén Jorquera ao executivo coruñés como valora a destrución de emprego industrial que se está a verificar na cidade e na comarca e que estratexia vai impulsar para facer fronte a este fenómeno de enfranquecimento do tecido produtivo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.