Lugo. A Banda Municipal recupera a voz no último día do San Froilán

Durante a mañá de hoxe, a Banda Municipal encheu a praza de Santa María despois de tres anos sen tocar no San Froilán. Baixo o título “Dende a Terra cara a Emigración”, a Banda tocou músicas galegas e dos países que goreceron aos nosos. Unha viaxe polos ritmos, melodías, aires e bailes de Galiza, Cuba, Venezuela, etc. E que dun xeito ou outro forman parte da memoria das galegas e galegos.

“Dende a Terra cara a Emigración” estivo dividido en dúas partes. Comezou con “Da Terra”, onde se interpretaron Lugo Ferrol, de Gregorio Baudot, Andante. Sinfonía Nº 2 “Nas montañas de Galiza”, de Andrés Gaos con arranxo de Hernán Naval e A Lenda de Montelongo de Bernardo del Río.

Dentro do bloque “Da Emigración”, a Banda comezou interpretando Abertura Cubana, de George Gershwin con arranxos de Martin Koekelkoren, Amapola, de José M. Lacalle, Joropo, de Moisés Moleiro e Sing, Sing, Sing, de Louis Palma, todas estas con arranxos de Naohiro Iwai

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecisiete − 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.