Lugo recupera os xigantes que acompañarán aos cabezudos no San Froilán

As figuras dos xigantes foron restauradas despois de varios anos sen uso. Participarán en catro pasarrúas durante a festa

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitou no día de hoxe o vello cárcere, onde se levaron a cabo os traballos de restauración, que foran iniciados xa no anterior mandato, das figuras dos xigantes, que durante esta edición da gran festa do outono galego volverán ás rúas xuntos cos cabezudos. As dúas figuras de xigantes recuperadas teñen máis de tres décadas de antigüidade. Segundo indicou Maite Ferreiro, “estas figuras levaban anos sen participar nas festas, e a partir deste ano volverán ser un atractivo máis na animación polas rúas de Lugo”.

Os xigantes e cabezudos estarán presentes nesta edición das festas desde o día 4, despois do pregón, animando a praza Maior xunto coa Charanga Terra Chá + Reviravolta. O día 5, xunto cos Xílgaros de Lugo, farán un pasarrúas polo recinto histórico da cidade. O venres 11 estarán pola zona dos viños xunto coa charanga Unión Phenosa e pecharán as festas o día 12, xunto á Foliada de Bosende por Campo Castelo, praza da Constitución e Praza de Bretaña.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.