Medio Ambiente identificou un millón de parcelas nun centenar de concellos para facilitar a xestión da biomasa con alto potencial combustible

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destacou este traballo levado a cabo polo Instituto de Estudos do Territorio, grazas ao cal se obteñen planos para os Plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten xa identificadas un millón de parcelas nun total de 124 concellos co fin de facilitar a xestión da biomasa con alto potencial combustible. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou esta mañá esta cifra durante a reunión do Consello Reitor do Instituto de Estudos do Territorio, onde adiantou que a previsión do seu departamento é chegar aos 200 concellos antes de que remate o presente ano.

Sobre os traballos de produción cartográfica en materia agraria e de desenvolvemento rural levado a cabo polo IET, Ángeles Vázquez explicou que esta definición e concreción do terreo é un aspecto fundamental para xerar planos para os Plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais. Grazas a estes plans canalizase a cooperación necesaria entre a administración autonómica e a local para levar a cabo tarefas de interese público, como o conxunto da biomasa vexetal.

Explicou que outro dos visores que se apoian nesta dinámica é a de aproveitamentos forestais, unha ferramenta para aos procedementos de comunicación e autorización de aproveitamentos forestais, como por exemplo Corweb, que permite a consulta da información das referencias catastrais así como a información referente as afeccións de estradas, augas, patrimonio cultural, patrimonio natural, as zonas demarcadas de pragas de corentena e do litoral (DPMT) ao tempo que permite obter documento informativo.

A conselleira de Medio Ambiente destacou o apoio que o IET ofrece a través da Plataforma do Sistema de Información Xeográfica Corporativa da Xunta de Galicia, como ao FIRESP, que se utiliza para a xestión en tempo real dos incendios forestais de Galicia, medios e persoal implicados, infraestruturas de prevención e defensa e actuacións sobre o territorio, ao INFCOP ou Informatización dos procesos de concentración parcelaria e ao SGAPAC ou Sistema de Xestión de Axudas PAC, a partir da campaña 2015.

Por último, defendeu que o traballo que realiza o IET é fundamental e laborioso, xa que unha parte importante do territorio galego está destinado ao aproveitamento agrario e tamén demanda dun importante volume de información xeográfica para a súa correcta planificación, ordenación e xestión.

También te puede interesar...

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

11 + 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.