O alcalde de Ourense asiste ao Foro La Toja e mantén encontros cos participantes

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu esta tarde á primeira xornada do Foro La Toja- vínculo Atlántico, que inaugurou o rei de España, Felipe VI, nun acto no que tamén interviron o presidente do Grupo Hotusa, Amancio López Seijas e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo.

O alcalde mantivo contactos cos participantes no foro, relacionado co futuro económico e a transcendencia que ten para os concellos. Gonzalo Jácome destacou a importancia destes encontros, especialmente pola presenza de persoas de grande relevancia no panorama económico, político e social

A conferencia-conversación inaugural: “O futuro da democracia liberal”, correu a cargo do catedrático de Harvard Steven Pinker e o presidente do Foro La Toja, Josep Piqué. O programa continuou coa conferencia “Dixitalización: futuro e valores”, do presidente de Telefónica, José María Álvarez.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 + doce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.