O BNG pregunta ao Goberno local que pensa facer para lograr a “execución total” da partida de subvencións para a rehabilitación de vivendas

En 2018 o Concello deixou sen gastar medio millón de euros nuns fondos  clave para a rexeneración urbana

En 2018 o Concello dispuña dunha partida de 2.650.000 euros –o que representaba un incremento de 30 por cento a respeito de 2015- para financiar a rehabilitación de vivendas na cidade.

Desa cantidade, e segundo recolle a Memoria de Xestión de 2018, só se gastou algo menos dun 75 por cento, isto é, e a diferenza do que viña ocorrendo no pasado, non se executou totalmente a partida. Ficou sen gastar, por tanto, por volta de medio millón de euros duns fondos que o BNG xulga como clave para a necesaria rexeneración urbana da caidade.

O propio Servizo Municipal de Vivenda e Rehabilitación suxire que “se adopte algunha medida para garantir a execución de todo o crédito que se destine a este tipo de axudas”. Así o recolle nunha pregunta por escrito ao Goberno local a concelleira do BNG Avia Veira. A edil nacionalista interésase por saber que pensa facer o executivo liderado por Inés Rey para lograr “a execución total da partida de subvencións para obras de rehabilitación”.

Na Memoria de Xestión de 2018, destaca Veira, apélase a un problema de xestión administrativa á hora de tramitar o crecente número de solicitudes das axudas, sendo que se exixe moita documentación relativa ás “persoas propietarias individuais” que aspiran a se tornaren beneficiarias deste programa do Concello.

No texto desta iniciativa, Avia Veira inquire ao goberno local se ten pensado “simplificar a documentación para a solicitude de axudas municipais de rehabilitación” e, ao tempo, demanda información sobre “que outras medidas” ten na cabeza o executivo coruñés “para o impulso de rehabilitación de inmóbeis”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ocho + 14 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.