O BNG preguntará pola gravación das sesións plenarias de Viveiro

Fai dous meses aprobouse en pleno a moción do BNG sobre a gravación e a retransmisión das sesións plenarias, unha moción que tamén incluía facilitar a participación das veciñas e veciños a través da creación do “escano da veciñanza”, para que puidesen expresar directamente no pleno as súas queixas, demandas ou propostas en primeira persoa

Si se aprobou a gravación dos plenos, mais rexeitouse o “escano da veciñanza” cos votos en contra do PP e a abstención do resto de partidos políticos que conforman a corporación municipal; PSOE, Por Viveiro e Son Viveiro.

Co obxecto de mellorar o acceso das veciñas e veciños aos debates, preguntaremos no vindeiro pleno ao goberno municipal, en que grao de execución se atopa a posta en marcha do sistema de gravación e retransmisión das sesións plenarias. “Dende o BNG vémolo como unha ferramenta básica para que a veciñanza coñeza e se implique na toma de decisións que lles afectan directamente no seu día a día”, aclara a concelleira Míriam Bermúdez, que expuxo, negociou e debateu esta moción en pleno.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

catorce + 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.