O Concello de Vilalba inaugura a súa aposta polo turismo de congresos acollendo a asemblea xeral da Asociación Galega de Autocaravanas

Arredor de 150 autocaravanas procedentes de diferentes puntos de Galicia chegarán na noite do venres 25 de Outubro á capital chairega e instalaranse no campo da feira de Vilalba durante toda a fin de semana

Vilalba acollerá do 25 ao 27 deste mes de Outubro a concentración e posterior asemblea xeral ordinaria da Asociación Galega de Autocaravanas (AGA). Así o confirmou o Concelleiro de Turismo e Comercio, Modesto Renda, contextualizando a iniciativa no marco da “aposta decidida do Concello por facer de Vilalba un referente no Turismo de Congresos” a fin de incentivar o consumo e a chegada de visitantes á vila, aproveitando as potencialidades do Auditorio Municipal.

“Do que se trata e que visitantes de toda Galicia poidan coñecer o noso Concello, desfrutar dos nosos activos turísticos e consumir no noso comercio e hostalería local” apuntou un Modesto Renda, que estivo acompañado na mesa polo edil de Emprego, Ignacio Criado.

Na mesma liña se pronunciaron os representantes da AGA, Sindo López López e Alberto López Díaz, que agradeceron ao Concello a súa predisposición para acoller e organizar o evento e a concentración e valoraron moi especialmente o plan de rutas e actividades proposto polo mesmo de cara á xornada lúdica do sábado.

Un Planing que, tal e como explicou Renda, comezará na mañá do sábado 26 coa visitar aos principais atractivos turísticos da vila e a súa contorna máis próxima (O Concello facilitará en formato físico toda a información necesaria para que poidan realizar comodamente a visita, así como  unha guía breve de servizos) e que se complementará coa propia programación cultural do Concello coa actuación, no marco do Auditorio Municipal, de “O Porteña Tango”, un espectáculo integral cunha visión do tango arxentino. Así mesmo, os que pernoiten en Vilalba a noite do venres 25,  poderán desfrutar da actuación de Berta  Franklin ás 21:00  h.

Asociación e Concello estiman nunhas 300-350 persoas o número total de visitantes e no medio día do domingo está previsto un xantar de confraternización, coma paso previo á propia Asemblea Xeral Ordinaria, a celebrar no Auditorio Municipal o domingo 27 a partires das 11:00h.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diez + 8 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.