O Grupo Popular incide que o Sergas “esixirá aos novos propietarios de Povisa o mantemento da calidade asistencial e dos postos de traballo”

O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, incidiu hoxe no Parlamento que o Servizo Galego de Saúde “esixirá aos novos propietarios do Hospital Povisa de Vigo o mantemento da calidade asistencial e dos postos de traballo neste centro sanitario”

Núñez Centeno afirmou que “cremos na complementariedade público-privada na sanidade contemplada nas leis, estando de acordo coa Consellería na súa esixencia de mantemento da calidade asistencial e dos postos de traballo, así como no cumprimento do actual concerto”.

OBXECTIVOS DE CALIDADE E EMPREGO

Neste sentido, lembrou que o concerto asinado polo Sergas con responsables de Povisa “fixaba obxectivos de calidade en relación co cumprimento da lista de espera, que teñen mellorado de xeito evidente, na calidade de prestación farmacéutica e outras variables”.

En concreto, lembrou que “o pasado 2018 asinouse unha modificación de determinadas estipulacións do concerto para atopar solucións na atención sanitaria da cidadanía, así como para o mantemento do emprego das 1.500 persoas que traballan en Povisa”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

20 + 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.