@PSOEdeLugo: “Feijóo segue se atender ningún dos proxectos estratéxicos da cidade, só ven á capital a pedir votos”

A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero e o Secretario de Organización, Juan Díaz Valiño, acompañados dos Candidatos ao Congreso e ao Senado, mantiveron este mércores unha xuntanza de traballo na Sede da capital cos Secretarios, Alcaldes e Voceiros da Comarca de Lugo na que analizaron as iniciativas e pospostas que impulsará o PSdeG-PSOE nas vindeiras datas.

Patricia Otero criticou as carencias e o deslexo do Goberno de Feijóo coas veciñas e veciños desta Comarca.”En Baralla o centro de saúde ten mofo, hai humidade, as paredes están desconchadas e non reúne as condicións de hixiene dun centro de saúde. Ademais os nenos e nenas da vila teñen que acudir ao pediatra ao Concello de Becerreá. Os veciños e veciñas tamén denuncian que a estrada LU-710 entre Baralla e a saída A6 presenta un estado lamentable e perigoso”.

No Concello de Castroverde a Secretaria Provincial denuncia que as concentracións parcelarias de Riomol e Rebordaos levan máis de 15 anos paralizadas. “A lexislatura de Feijóo é a do desmantelamento e do abandono do rural, na que ademais deixou sen executar no que vai de Lexislatura 305 millóns de euros nas dúas partidas para fixar poboación no rural”.

“As nenas e nenos do Corgo non dispoñen de servizo de pediatra, e son atendidas por un médico de familia, estas son as políticas sanitarias de Feijóo”, dixo Otero. Nesa liña demandou tamén o arranxo e a humanización da estrada Lugo-Sarria, a LU-521 que discorre polo Corgo, “xa que houbo moitos accidentes e a Xunta segue mirando para outro lado”, advertiu.

0 euros en Lugo de investimento

Advertiu que “en Lugo hoxe é mais necesaria ca nunca a realización da segunda fase da Rolda Leste, o Plan Paradai que leva vinte anos en execución, o Museo da Romanización onde Goberno de Feijóo segue desaparecido, fai falla unha maior implicación da Xunta na rehabilitación do casco histórico, e que asuma as competencias nos comedores escolares que ten que financiar con fondos propios o Concello. Sen esquecer o canon da auga, 0 euros de inversión no Concello cando recadaron 5 millóns de euros. Este é o resume das políticas do PP en Lugo. 0 EUROS”, resumiu a dirixente socialista.

“Feijóo segue sen atender ningún dos proxectos estratéxicos da cidade, só ven á capital a pedir voto, sen traer nin un só compromiso, fiable e de futuro para as veciñas e veciños de Lugo “, espetou Otero.

Compromiso de Pedro Sánchez

Pola contra a Secretaria Provincial remarcou o traballo de Pedro Sánchez ao longo destes meses na Comarca. “Nestes días precisamente o Executivo Central anunciou a financiación con máis de 1 millón de euros para a construción da nova Oficina de Emprego no barrio da Residencia; 800.000 euros na redacción do proxecto de estación de tren e aparcamento en Lugo; Autovía A-54 Lugo-Santiago, a Intermodal; a subida as pensións; as axudas aos gandeiros”, por citar algún exemplo.

“E esta vai a seguir sendo a nosa senda, traballo e proxectos que dean estabilidade a esta provincia. A Lugo vaille ben cando goberna o PSOE, por iso, seguiremos traballando e impulsando propostas e iniciativas que contribúan a facer grande esta provincia e a mellorar a calidade de vida de todos os seus veciños”, resumiu.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.