Os remeiros da traiñeira do Centro Deportivo Mariñeiro de Mera arrancan con ilusión

Comezan esta semana os adestramentos de cara a preparar unha nova participación na Liga Galega de Traiñeiras A o próximo verán. Quedan por diante 8 meses de duro traballo para poñer a punto un equipo que, cargado de ilusión, aspira a consolidarse na máxima categoría do remo galego, na que competirá por terceira tempada consecutiva.

Mera realizou unha ampla renovación do equipo na que destaca a incorporación de 4 rapaces procedentes das categorías inferiores do club, que de evolucionar da maneira prevista contará cun papel importante dentro da tripulación.

Ademais, seguen outro ano máis unha parte importante dos remeiros que conseguiron pasar, nun par de temporadas, da última posición da Liga B aos primeiros postos da Liga A.

Aínda é moi cedo para establecer obxectivos pero o equipo aspira a lograr a permanencia. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.