@PazodeRaxo. Adxudicado o contrato da primeira fase das obras de rehabilitación da Casa das Máquinas

A Xunta de Goberno Local acordou adxudicar o contrato das “Obras de rehabilitación da Casa das Máquinas. Fase 1”, á empresa Obras Gallaecia por un importe de 218.932,04 euros, IVE incluído, ao ser a oferta máis vantaxosa das presentadas. Os traballos desta primeira fase, segundo explicou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, centraríanse na cuberta do edificio, situado na Rúa de Galeras, e na estrutura interior.

O gasto financiarase en dúas anualidades correspondentes aos exercicios orzamentarios de 2019 (72.977,35 euros IVE incluído) e 2020 (145.954,69 euros, IVE incluído). A continuación quedaría pendente o reparto de espazos interiores. Sinalou o rexedor que ese reparto determinará o uso futuro do edificio, que prevé estea operativo ao longo de 2021. “Queremos que sexa un edificio polivalente, de usos múltiples”, engadiu Sánchez Bugallo. , quen prevé que estea operativo ao longo de 2021.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.