@PSOEdeLugo: “Dende o dia 16 de outubro a ambulancia medicalizada da Mariña traballa con un só tes”

A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero, avanzou os peores augurios sanitarios na Mariña Lucense executados polo PP e o Goberno de Feijoo. “Dende o dÍa 16 de outubro a ambulancia medicalizada da Mariña, con base en Foz, traballa con un só TES”. Hai que lembrar que a ambulancia da Mariña levaba ata o de agora 9 anos traballando en igualdade de conciliacións que o resto de Ambulancias Medicalizadas da xeografía Galega, é a única de Galicia que sofre o recorte de persoal.

Otero lembrou que este mesmo mes defendeu no Parlamento de Galicia, unha iniciativa, na que reclamou recuperar ao persoal recortado na ambulancia medicalizada, así como o servizo 24 horas na ambulancia asistencial de Foz. “Pero só tivemos unha resposta clara e contundente de Feijoo, que foi o NON do PP para mellorar a calidade de vida das nosas veciñas e veciños”, insistiu.

Así as cousas a Secretaria Provincial avanza que o PSdeG-PSOE seguirá defendendo os intereses de todos e cada un dos mariñáns. “Por iso quero anunciar que rexistraremos en todos os Concellos da Mariña unha moción para reclamar á Xunta a reposición do segundo técnico da ambulancia medicalizada da Mariña (AM-752) e o servizo de 24h na ambulancia asistencial  (A-875) con base en Foz”.

Na proposta socialista reclamase o posicionamento público do pleno da corporación en contra dos recortes dos servizos de urxencias. Instar a Consellaría de Sanidade a que repoña a dotación da Ambulancia Medicalizada da Mariña (AM-752), quedando formada por 2 TES (Técnico de Emerxencias Sanitarias) un DUE e un Médico. E demandase ademais a reposición do horario na Ambulancia de Soporte Vital Básico con base en Foz (A-875), volvendo a estar dispoñible as 24 horas do día.

Recortes do PP na Mariña

Otero advertiu que a folla de ruta en materia sanitaria na Mariña esta protagonizada polos recortes. Nesa liña citou como exemplos “o abandono de centros de saúde, a supresión da área sanitaria ou os recortes de persoal que provocaron o progresivo deterioro da capacidade asistencial na Atención Primaria”.

“As veciñas e veciños da Mariña merecemos unha sanidade pública de calidade, non somos cidadáns de segunda. Queremos vivir nas nosas Comarcas e nas nosas vilas sen discriminación, por iso, Feijoo ten que reaccionar e abrir os ollos ante esta desfeita sanitaria que el mesmo provocou”, espetou.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 + 20 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.