@PsoeLugo apoia a candidatura do Casco Histórico de Lugo como Patrimonio da Humanidade

A secretaria provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero, acompañada dos candidatos ao Congreso e o Senado pola provincia de Lugo, Ana Prieto e César Mogo, así como o Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, José Antonio Quiroga, asinaron este luns a iniciativa para que o casco histórico de Lugo sexa declarado Patrimonio da Humanidade.

A través desta proposta, posta en marcha pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, pretende lograr o cuarto recoñecemento mundial para Lugo. Ata agora foi recoñecida a súa muralla, a súa catedral e o Camiño Primitivo ao seu paso pola cidade como Patrimonio da Humanidade e agora o novo obxectivo é lograr a distinción para o casco amurallado.

Outro gran impulsor desta iniciativa foi o guía turístico Guido Álvarez, promotor nas redes do hashtag #LugoPatrimonioMundial, que recibiu o apoio de deportistas, artistas e políticos a todos os niveis, e que contou cunha ampla repercusión nos medios de comunicación.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.