@PsoeLugo “Os 107 nenos e nenas de Abadín son atendidos dúas horas, unha vez á semana por un médico de familia”

O Voceiro Socialista relata que segundo os pais e nais tiveron fai uns días unha xuntanza cos responsables do Sergas en Lugo, “na que o Alcalde non abriu a boca para defender os intereses e as reclamacións das nosas veciñas e veciños”.

“Todos os pais e nais reclamamos maior atención médica na vila, e que a consulta sexa atendida por un especialista, é dicir un pediatra. Ademais, cando esta de baixa ou de vacacións todos os nenos e nenas teñen que ser atendidos no Centro de Vilalba, que non son consultados ata última hora da mañá cando remata as citas previas”, explicou.

Así as cousas, Pablo Díaz criticou “a discriminación constante dos veciños do  rural e a nula sensibilidade coa atención sanitaria en Abadín”. E insistiu nas súas criticas “o Goberno de Feijoo e o Alcalde de Abadín son incapaces da dar resposta ás demandas xustas dos nosos veciños para atender aos nosos nenos e nenas da nosa vila”, resumiu.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

20 − diecinueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.