Rematado o curso de creación de perfís en webs de emprego para achegar ao mercado laboral ás mulleres con diversidade funcional do rural

No último ano, 36 persoas beneficiáronse do Punto de Intervención para Mulleres, co-financiada polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020

O mes de setembro deixounos un balance máis que positivo no Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional do Rural (PIMDRural), unha iniciativa promovida pola asociación Íntegro e co-financiada polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para fomentar a igualdade de oportunidades e contribuír a diminuír a triple discriminación na que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Tras un ano de intensa actividade formativa para dotar ás mulleres do rural dunha maior autonomía e independencia, necesarias para mellorar a súa situación persoal, social e laboral, o pasado mes de setembro puxemos en marcha unha novidosa acción, totalmente de balde baseada na creación de perfís en webs de emprego, coa finalidade de mellorar a formación das participantes de cara a aumentar a súa empregabilidade ata lograr a plena integración socio-laboral.

Balance

Durante o período 2018/2019, un total de 36 mulleres en situación de especial vulnerabilidade beneficiáronse do noso servizo de mediación familiar e de apoio e orientación laboral, postos en marcha hai xa catro anos. Moitas delas, formaron parte tamén dun extenso e variado programa formativo, no que se impartiron cursos relacionados coa procura de emprego a través do teléfono móbil, formación básica en prevención de riscos laborais e  confección de currículos e cartas de presentación.

Así mesmo, leváronse a cabo numerosas accións de acompañamento na busca de emprego, promoción do emprendemento e prospección do mercado de traballo, intermediación e tutorización laboral e profesional logrando 4 inserción laborais, unha cifra moi positiva tendo e conta a triple discriminación que padece este colectivo (muller con diversidade funcional no rural).

Ademais das sesións teóricas, as participantes tiveron a oportunidade de achegarse á realidade actual dalgunhas das empresas máis importantes e punteiras de Galicia como é o caso de Aluman, Inditex e Cerdeimar, entre outras. Nos vindeiros meses, está previsto continuar co este ciclo de visitas para adquirir novos itinerarios de inserción profesional.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecinueve − 11 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.