Solpor, Asociación Camiño Santiago a Fisterra-Muxía, organiza en Compostela o venres 25 de outubro o evento “un MAR de GRAZAS”

Unha homenaxe a cidade de Santiago e a os recomendadores e embaixadores deste destino. Unha cita na que o sector profesional dos concellos polos que atravesa esa ruta difundirá os seus recursos e agradecerá o especial agarimo co que é tratado polo sector e a sociedade compostelá.
Esta iniciativa forma parte do programa O Teu Xacobeo, impulsado dende a Xunta de Galicia.
Deste xeito, en Solpor queren reforzar a ligazón entre os que traballan nesa prolongación dos camiños que leva a Fisterra e Muxía e os que o fan na propia Compostela.
“Un MAR de GRAZAS” desenvolverase no Salón Real e na Capela do Hostal dos Reis Católicos e contará con máis de 50 empresas participantes, nun formato workshop que está especialmente pensado para os profesionais ligados aos camiños.
A degustación de produtos da Costa da Morte e doutros concellos polos que pasa a ruta, o sorteo de estancias ou unha actuación musical serán outros atractivos de Un Mar de GRAZAS, entre os que estarán autoridades autonómicas e locais.
Para asistir a “Un MAR de GRAZAS”, prégase confirmar a asistencia no teléfono 981 935 346  ou no correo electrónico comunicacionsolpor(arroba)gmail.com

Jesús Picallo, presidente de Solpor, salienta: “Quen veña a Un MAR de GRAZAS atoparase co sector turístico e hostaleiro de calidade do noso camiño. Para nós, a ruta é a fonte de creación de emprego e revitalización máis importante dos nosos lugares; e vinculados a el levan aparecido todo tipo de negocios e actividades”.
Hoxe en día, Solpor, Asociación Camiño Santiago a Fisterra-Muxía, reúne a máis de 140 socios de 12 concellos: Ames, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Negreira, Outes, Santiago, Vimianzo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.