Taekwondo. Samuel Meilán caeu en segundo rolda do Europeo Cadete

Samuel Meilán (-49 quilogramos, Tao) caeu en segundo rolda do Europeo Cadete, que se está a disputar estes días en Marina D`Or. O galego comezou a competición contra o israelí Ori Torgeman e Samu foi moi superior e gañou por 20 tantos de diferenza.

No segundo combate tiña un rival duro, o búlgaro Stefan Stamenov. O vigués comezou perdendo e iso foi clave ao final, xa que se veu obrigado a remontar e moito. Ao remate do primeiro asalto perdía 16-2 a tralo segundo, 28-13. Pero entón, chegou a remontada. Meilán parecía imparable e foi remontando con moita rapidez ata que no último segundo parecía que chegaba o empate (37-37) e a necesidade de ir ao desempate. O último punto do noso deportista xurde por unha penalización e a delegación búlgara reclama ao considerar que foi fóra do tempo. Houbo revisión de vídeo e finalmente, se lle deu a razón ao reclamante a o triunfo foi para Stamenov por un punto (36-37).
Gran traballo de Samu que sigue sumando experiencias cara ao futuro!!! Bravo Samu!
Sergio Troitiño (+65 quilogramos, Mat´s) pechará o Europeo cadete.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.