Tarde de música e teatro no Concello de Triacastela

Nenos e maiores pasárono en grande na tarde de onte co espectáculo teatral e musical ‘A nena e o grilo máis aló’ que a Secretaría Xeral de Política Lingüística trouxo a Triacastela. A actuación tivo lugar na Fonte do Lunar.

Magín Blanco, acompañado de Teatro Ghazafellos e Cristian Leggiero, arrancaron unha xira na Sala Fonte do Lunar que levará a proposta teatral-musical ‘A nena e o grilo máis aló’ por dez localidades galegas ata novembro.

A actividade está pensada para público familiar con nenos e nenas desde os cinco anos de idade e nela os coñecidos personaxes da nena e o grilo, que protagonizaron con grande éxito de acollida os espectáculos A nena e o grilo (Bocaberta 2010) e A nena e o grilo nun barquiño (FalaRedes 2013), enfrontaranse a unha nova trama na que o misterio, os medos e os valores da afouteza, solidariedade e amizade adquirirán grande importancia.  

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

6 + 6 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.