Brillante actuación do combinado galego no Torneo internacional de Loitas Olímpicas de Negrepelisse, Francia

Bos resultados dos deportistas Galegos no Torneo Internacional de Negrepelisse, en Francia, onde os deportistas becados no CGTD de Pontevedra acadaron os seguintes resultados:

– Santiago Sánchez, do Club Keltoi de Vila de Cruces proclamouse campión do torneo Internacional en Junior 86 kg.

– Nerea Iglesias Campos, da Escola Ayude de Santiso, tras sufrir unha lesión, finalizou en 3ª posición na categoría cadete 73 kg.

– Christian Suárez, do Club Sabaris de Baiona, finalizou en 4ª posición na categoría júnior de -74 kg.

– David González do Club Sabarís e Saul Bello, do Club San Ignacio de Vigo, perderon sendas loitas polo bronce, finalizando ambos en 5º posición.

O técnico, Rubén Méndez, afirma que esta competición serve para valorar o estado de forma dos rapaces, e descubre novas liñas de traballo para mellorar o rendemento dos nosos atletas.

A boa actuación dos deportistas Galegos, que formaron parte da selección nacional, serviron para proclamarse campións do Torneo por seleccións.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

nueve + tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.