Un proxecto Xacobeo reúne dende hoxe a blogueiros de viaxes con colectivos galegos para aumentar o contacto entre os peregrinos e a poboación local

Nesta 1ª edición do proxecto “Maridando coas xentes do Camiño”, 4 blogueiros de viaxes percorrerán o Camiño Portugués da Costa celebrando tertulias e encontros con xentes e colectivos por donde pasan, entre eles redeiras, mariscadores, pementeiras ou xóvenes dixitais. O proxecto está subvencionado polo programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Hoxe martes, celebran o primeiro encontró: ás 16:00 horas na sede da Asociación de Redeiras de A Guarda

A Guarda é hoxe martes o punto de inicio do proxecto “Maridando coas xentes do Camiño- 1ª Edición”, no que 4 destacados blogueiros de viaxes non somentes percorrerán o Camiño Portugués da Costa, senon que tamén celebrarán tertulias e encontros con colectivos representativos das zonas polas que camiñan.

O proxecto está financiado polo Programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, e pretende acercar máis aos peregrinos e ás persoas que viven a carón do Camiño, o cal é un dos obxectivos do Xacobeo 2021. Para elo, están organizados encontros coas redeiras de A Guarda (hoxe martes, as 16:00 horas, na sede da Asociación, no porto guardés), con xóvenes dixitais galegos (mañá mércores 16 en Vigo), ou as mariscadoras de Redondela (xoves 17).

A iniciativa é froito da asociación entre dous emprendedores galegos: o consultor de comunicación Miguel Ángel Souto Fraga, director da consultora Cimak, e o blogueiro de viaxes Alberto Ribas “Alvientooo” (@alvientooo). Precisamente Alberto Ribas será o guía a pé de camino e coordinará a viaxe.

Gastronomía. Ademáis dos encontros, o proxecto “Maridando coas xentes do camino” inclúe tamén unha faceta gastronómica, pois os blogueiros invitados degustarán -mentras recorren o Camiño Portugués da Costa- os productos galegos con Denominación de Orixe Protexidas, tanto viños como queixos, carnes, etc.

Deste xeito, en cada etapa, ademáis de camiñar, descubrirán dúas cousas:

  1. Degustará productos das Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas, de xeito que entre todos os días serán degustadas todas (ou a meirande parte) das existentes.
  2. Encontraranse persoalmente cun colectivo local, representativo dun aspecto das “xentes do camino” e o seu valor cultural, patrimonial e social. E este encontró será tamén obxecto da súa narración como influencer.

Os blogueiros participantes nesta 1ª Edición de Maridando coas xentes do Camiño son:

BLOGUEIRO INFLUENTE NOME DO BLOG CIDADE DE ORIXE DESCRICIÓN XERAL SEGUIDORES EN RR.SS
Alberto Menéndez @mochilerostv

www.mochilerostv.com

Madrid Un dos bloggers de viaxes máis populares de España. Dou á volta ao mundo. Colaborador de campañas de promoción turística de destino e empresas de todo o mundo. Programa na La 2 TVE. Facebook: 106.000

 

Twitter: 51.000

Instagram: 57.000

Susana Riveiro @ViajeComigo OPORTO Elexida “MEJOR BLOG DE VIAJES DE PORTUGAL. Periodista especializada en viaxes, para varios medios de comunicación de Portugal. Colaboradora da Guía American Express Facebook; 35.400

Twitter: 27.500

Diana Millos @dianamiaus Vigo/UK Instagrammer EN INGLÉS de referencia para destinos internacionais Instagram: 131.000

Twitter 43.000

Alberto Ribas @Alvientoo Pontevedra Finalista dos “10 BLOGS MÁS POPULARES de Fitur”. Especializado en viaxes e gastronomía. Xurado gastronómico e blogger invitado en campañas turísticas como México, Rumanía, Georgia, La Rioja, Mallorca Instagram: 21.500

Twitter: 7.000

Seguintes anualidades

Nos próximos anos, o proxecto “Maridando coas xentes do Camiño” ten previsto percorrer e encontrarse coas xentes das rutas que se enumeran:

  • Edición 2.- Ano 2020- Outubro- CAMIÑO INGLÉS DENDE FERROL.
  • Edición 3.- Ano 2021. Outubro. VÍA DA PLATA OU CAMIÑO DE INVERNO

RESUMO DO PROXECTO

“1ª Edición- MARIDANDO COAS XENTES DO CAMIÑO”

Catro bloggers de viaxes importantes de España e Portugal:

percorrerán unha das rutas xacobeas menos coñecidas,

degustarán en cada etapa as D.O./I.X.P. da Gastronomía galega,

e se encontrarán en cada etapa cun colectivo das xentes do Camiño.

E todo elo o comunicarán e promocionarán:

1.- A través dos seus blogs e redes sociais

2.- A través dun EBook descargable e gratuito que resumirá o publicado por todos eles.

OS PROMOTORES:

CIMAK: www.cimak.es É unha empresa de consultoría de marketing e eventos con sede en Pontevedra. Organiza eventos propios de marketing e comunicación, e asesora a pemes galegas para desenvolverse comercialmente. Fundada e dirixida por Miguel Ángel Souto Fraga.

ALVIENTOOO: www.alvientooo.com Blog de Alberto Ribas, un dos principais influencers galegos en gastronomía e viaxes. Finalista dos mellores blogs de viaxes en FITUR. Xurado de diversos certámenes, premio ao Talento Turístico da Deputación de Pontevedra 2018.

Datos do encontro de HOXE martes 15 outubro:

Lugar: Sede da Asociación de Redeiras do Baixo Miño “Atalaia”, no porto da Guarda

-Hora: 16:00 horas

-Asisten:    Presidenta da Asociación de Redeiras de A Guarda

Dous Blogueiros: Diana Millos @dianamiaus e Alberto Ribas @alvientooo

Concelleira de Patrimonio de A Guarda, Montse Magallanes

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

nueve + 7 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.