Xornada vibrante de balonmán e primeiros derbis provinciais

Nova xornada de balonmán no Vila de Noia. O sábado ás 20:00 o Calvo Xiria enfrontaráse ao Balonman Saeplast Cañiza, na terceira xornada da 1ª Estatal

Cañiza conta nas súas filas con dous xogadores coñecidos pola afección carballesa como son Xosé Canedo (militou cando era cadete nas filas do Xiria) e Martín Alfeirán pasou por todas as categorías do club. Este último en principio non será da partida do Cañiza por lesión.

O Calvo Xiria, debe seguir traballando para manter o nivel de competición e ir a por a terceira vitoria doutros tantos partidos; o seu rival, que tivo un inicio de liga complicado polos rivais aos que lle tocou enfrontarse; conta con varias alternativas defensivas para poñerlle as cousas difíciles. Para facerse coa vitoria; os de Carballo deben de mellorar en ataque, reducindo as perdas de balón, e localizando as situacións máis favorables de 1×1.

En senior feminino, as rapazas do Goldie Xiria afrontan a segunda xornada en 1ª autonómica feminina e o seu segundo partido consecutivo actuando de locais. Despois da gran vitoria do pasado Domingo ante BM. Caselas, as de Xiria reciben o próximo sábado a un dos grandes clubes en categoría feminina en Galicia, a A.D. Carballal Balonmano. As olívicas tamén suman dous puntos no seu casilleiro despois de superar ao club Balonmán Pabellón De Ourense a semana pasada e serán un rival complicado ante o cal as bergantiñáns deberán de facer sesenta minutos cheos de concentración si queren saír vitoriosas deste enfrontamento. As boas prestacións defensivas serán unha vez máis claves para alcanzar o obxectivo final, así como o xogo colectivo no ataque posicional. O encontro disputarase no Vila De Noia ás 18:45h.

Tamén o sábado, pero pola mañá, os 3 equipos da división de honra masculina teñen que disputar o derbi provincial na súa visita a Culleredo, no pavillón de Almeiras. Ás 10:00 abrirán a xornada os infantís do Garaysa Xiria; que tratarán de facer valer a súa condición de lideres e seguir na mesma liña de traballo; ainda que con moito ollo, xa que acabamos de empezar e quedan moitas xornadas por disputar. Ás 11:30 será a quenda para os cadetes do Grupo Lemaco Xiria. Espérase un partido disputado con dous equipos que tentarán estar o máis alto posible na clasificación a final de tempada. Pechan a xornada os xuvenís do Laber Xiria á 13:30, parten como favoritos para facerse cos dous puntos; que deberán traballalos en base a mellorar a defensa e estruturar mellor o contraataque que en partidos anteriores.

En categoría feminina, as infantís de Punta Del Este e as cadetes de Hierros Varela Urbieta, viaxan até Pontevedra para enfrontarse ao Teucro. As infantís serán as primeiras en sair a escena (10:00h), mentres que as cadetes xogarán as 11:30h. Os dous encontros disputaráse o próximo sábado na pista auxiliar do Pavillón Municipal de deportes de Pontevedra. En teoría, serán dous envites con claro favoritismo local, pero as de Xiria teñen o obxectivo de seguir crecendo nesta División De Honra e ante conxuntos de gran entidade, adquirindo conceptos tec-tac e aprendendo a competir mellor en cada xornada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

trece − diez =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.