A Área de Mobilidade lanza unha campaña para promover o uso do transporte público entre os nenos e nenas do concello

Nenos e nenas do colexio As Mercedes usaron a liña 6 para visitar o rochódromo, colaborando coa Federación Galega de Montañismo. “Apostamos porque as nenas e nenos coñezan e utilicen o bus como medio de transporte habitual”

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitou hoxe o colexio As Mercedes, onde a área de Mobilidade e Infraestruturas comezou unha campaña para promover o transporte público entre os nenos e nenas de idade escolar “para que coñezan o seu funcionamento”, indicou Rubén Arroxo.

“Queremos que a xente aposte polo bus urbano porque reducindo tráfico na cidade avanzamos nunha cidade sostible cunha mobilidade alternativa e ecolóxica”, declarou Arroxo, que engadiu “apostamos porque as nenas e nenos coñezan e utilicen o bus urbano como medio de transporte habitual”.

Nesta ocasión, alumnas e alumnos do colexio As Mercedes utilizaron a liña 6 para realizar unha visita ao novo rochódromo de Lugo para coñecer e practicar a escalada. Rubén Arroxo informou tamén que “dende a área de Mobilidade continuamos a traballar nas novas liñas de bus e no funcionamento das pantallas informativas para que sexan unha realidade canto antes”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

siete + diecisiete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.