A CIG reclama a xestión pública das cociñas nas Galiñas azuis

Desde a CIG-Administración Autonómica quere denunciar a mala calidade da alimentación e intoxicacións continuadas que se están a dar nas escolas infantís do Consorcio galego de servizos de igualdade e benestar da Xunta de Galiza. Coa nova intoxicación que se produce na Galiña azul de Carral volve a evidenciarse o risco que sofren os nosos pequenos polos servizos de catering en vez de cociñas própias.

“As cociñas con persoal propio teñen un sistema de control sanitario da Xunta, ao eliminarse a xestión publica e venderse o servizo cara empresas de catering xa non esta no programa de control sanitario e do REGASA (base de datos do rexistro sanitario galego). Elimínase  desta forma a presión inspectora a estas grandes empresas que operan nas cociñas dos centros públicos e  distribúen a comida ó longo do país buscando o máximo beneficio e xogando coa saúde dos usuarios e usuarias”, afirma.

Para a CIG ademais de que aos alimentos estén en bo estado tamén teñen que ser adecuados para a alimentación dos pequenos, así debese eliminar a presenza de graxas trans, alimentos alerxénicos, sucres e aditivos ou incluso exceso de sal. Pero os pais e nais descoñecen que materia prima que se emprega e si a Xunta esta facer cumprir a lei e as recomendacións de alimentación escolar vixentes onde se marcan limitacións a estes ingredientes.

Dende a CIG quere reclamar  de novo que a cociña e os comedores formen parte do servizo público. A alimentación dos nosos nenos e nenas debe ser de proximidade, equilibrada, saudable e por suposto sen traslados que aumentan os riscos de intoxicación.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 − 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.