A Deputación de Lugo impulsa o sector lácteo

As XVII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite terán lugar os vindeiros 14 e 15 de Novembro na Facultade de Veterinaria

O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, xunto ao Concelleiro de Medio Rural de Lugo, Miguel Fernández Méndez, presentou este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, as XVII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de SERAGRO, que terán lugar na Facultade de Veterinaria o vindeiro xoves e venres, 14 e 15 de novembro. No acto de presentación, estiveron acompañados pola presidenta e a vicepresidenta de SERAGRO, Noelia García Santoalla e Noelia Mourazos, e o organizador das xornadas, Ángel Oitaven Farrapeira. O organismo provincial colabora con este evento realizando unha achega económica de 15.000 euros.

Fernández Rico convidou a todos os interesados a participar nestas xornadas gratuítas e sinalou que “un ano máis, SERAGRO, reunirá en Lugo a prestixiosos expertos do sector agrogandeiro nun foro que xa é un auténtico referente para os productores, pois aborda cuestións de especial interese para mellorar a produtividade e competitividade das explotacións, o benestar dos animais e a calidade do producto”.

Nesta liña, o Deputado de Recursos Sostibles lembrou os proxectos que ten en marcha a Deputación para potenciar este sector e crear novas oportunidades no rural, “como o Centro de Recría, que a día de hoxe acolle a máis de 1.200 xatas. Construímolo en solitario e fixémolo co fin de mellorar o sector lácteo; facelo máis competitivo e, por suposto, facilitar a vida dos profesionais deste eido”

Programa

A primeira das xornadas, o vindeiro xoves, 14 de novembro, inclúe 7 relatorios nos que se abordarán os seguintes temas: Calidade do leite nos procesos industriais, impartido polo enxeñeiro agrónomo Jaime Magdalena; A Detección de inhibidores no leite, da man da directora técnica do Ligal, María Luisa Barreal; O Leite en ecolóxico, produción responsable e sostible, impartido polo veterinario xerente da Casa Grande de Xanceda, Guillermo Martínez; A Excelencia na produción de leite, a cargo do asesor veterinario de vacún de leite, Gordon Jones; A Calidade e manexo de lactorremprazantes, da man do veterinario responsable técnico en Denkavit (Holanda), Peter Van’t Veld; e A Eliminación e descarte de vacas na explotación leiteira, impartido polo profesor da UAB, Ramón Armengol.

 

Na xornada do venres, 15 de novembro, impartiranse os seguintes relatorios en horario de mañá: Control de insectos, roedores e aves de vacún leiteiro, polo veterinario de vacún de leite en Assessoria Boví Lleter, David García; Secado Selectivo, da man do servizo de calidade do Leite de Seragro, Almudeda Tato; 40.000 kg de leite por vaca, a cargo da enxeñeira agrícola Rebeca Cembranos; Aplicando biotecnoloxía para a produción sostible de proteína animal nun mundo con billóns de habitantes, impartido por Juan Moreno, CEO de Sexing Technologies.

 

Xa pola tarde trataranse os seguintes temas: Alternativas para o descanso das vacas e os seus custos en Galicia, a cargo do técnico de Seragro, Gonzalo Gómez; Camas e saúde podal, impartido por José María García, do servizo de podoloxía de Seragro; Efecto do uso de area nas camas na fertillidade física no solo, a cargo do doutor enxeñeiro agrónomo, Adolfo López; Manexo de camas de compost e xurro reciclado na vaca de leite. Impacto na saúde do ubre, polo veterinario Oriol Franquesa; Aldapa SCL. Fracción sólida de xurro en cubículos: medos e realidades, impartido polo gandeiro socio de Aldapa SCL, Pedro Ezcurra; e A Alerxia nunha granxa de produción de leite: do produtor ao consumidor, a cargo da facultativa do CHUAC, Beatriz Veleiro.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

quince − 9 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.