A mobilidade e a seguridade viaria protagonizan desde o venres as IV Xornadas da Psicoloxía do Tráfico

Mañá venres 8 e o sábado 9, os retos da mobilidade e a seguridade converteranse en protagonistas nas IV Xornadas da Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade, que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e que se celebrará na sede colexial (Rúa Espiñeira, 10, Santiago de Compostela)

Este encontro de carácter profesional parte do ámbito da psicoloxía do tráfico e a seguridade como unha área de intervención que trata de dar resposta aos novos retos propostos no marco da mobilidade das persoas e a súa seguridade. A preocupación pola saúde e a contaminación está xerando a necesidade de novas liñas de traballo en formación, selección así como recoñecemento destes psicólogos e psicólogas.

Esta xornada pretende ser un foro de encontro e reflexión do conxunto de intereses e aplicacións que os e as profesionais da Psicoloxía teñen no campo da mobilidade así como da seguridade pública e privada para poder compartir novas liñas de investigación en prevención, formación e ámbitos de actuación.

Tras a inauguración ás 16 horas, a conferencia inaugural do venres 8 correrá por conta de Paula Mª Márquez Padorno, subdirectora adxunta do Observatorio Nacional de Seguridad Vial, que falará sobre a prevalencia, a reincidencia e o edadismo na condución. Daralle paso a unha mesa institucional sobre a mobilidade e a seguridade en Galicia no século XXI, na que participarán a Xefa Provincial da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña, Victoria Gómez Dobarro; o fiscal coordinador de Seguridade Viaria de Galicia, Carlos Gil García; o tenente coronel da Garda Civil de Tráfico de Galicia, Francisco Javier Molano Martín; así como o intendente principal da Policía Local do Concello de Pontevedra, Daniel Macenlle.

A sesión do sábado abrirase ás 9 horas cunha conferencia sobre o factor humano, novo concepto de vehículo, impartida pola psicóloga Eva García Quinteiro, do Centro Tencolóxico de Automoción de Galicia. A continuación será tempo de falar sobre os drons e a seguridade, nun relatorio impartido por Javier Menéndez Rodríguez, responsable do Departamento Técnico de Cartogalicia. Os profesores da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela José Manuel Blanco Rial e Xosé Antón Gómez Fraguela exporán as súas respectivas investigacións en atención e condución por unha banda, e do Programa de avaliación de condutores infractores (PECI) pola outra.

A tenza de cans perigosos e o protocolo para a avaliación será tratada por Alejandro González Piñeiro, psicólogo do Grupo de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade do COPG, e pecharanse as Xornadas ao final da mañá coa presentación do programa para a amaxofobia (fobia a conducir) impulsado por este Grupo.

Durante todas as Xornadas poderase visitar a “Feira da Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade”  na propia sede do Colexio, onde se exhibirán instrumentos psicométricos históricos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno + nueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.