A PIZARRA DE BARCA, adestrador C.D. Baíñas. @SCDMalpica-@cdbainhas (10/11/2019) 16:30H.

Desprazámonos a un campo dos difíciles da categoría, básicamente porque ten unhas dimensións nas que contará moito a preparación física. A maiores, co temporal destes días e dos vindeiros, notaráse moito cando xogues cos elementos a favor ou en contra. Despois, ten unha plantilla que mestura veteranía e xuventude, e conta cun dos mellores dianteiros da Costa baixo o meu criterio, coma é Michi Castro, con experiencia na Terceira División e na Rexional Preferente, ao igual que o medio centro Migueliño, que tamén sabe o que é desputar esas categorías.

Polo demais, o resto do equipo busca sempre levar o peso do partido, ten bo xogo de balón e tenta sacar a xogada dende atrás . A nosa premisa será discutirlle esa posesión, aínda que novamente non poderemos contar con máis de doce ou trece xogadores para este partido debido ás baixas, pero tentaremos facer o noso fútbol, levar o encontro ao noso terreo e manter esta racha de tres partidos invictos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

11 + 18 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.