A próxima semana o Goberno municipal de Tui remata as reunións coa veciñanza das parroquias

Estarán en Caldelas, Paramos, Ribadelouro e Pexegueiro

A próxima semana rematan as reunións que o equipo de goberno de Tui está a manter coa veciñanza das distintas parroquias tudenses. O obxectivo destes encontros, que se celebraron xa Areas, Malvas, Baldráns, Rebordáns, Guillarei e Randufe, é coñecer as necesidades de cada parroquia da man dos propios veciños e veciñas.  As persoas que asisten poden formular as súas preguntas tanto ao alcalde coma aos concelleiros do equipo de goberno.

Hoxe venres a cita será ás 20 h no edificio da Macoca en Pazos de Reis.  Xa o luns a reunión será  en Caldelas, o martes en Paramos, o mércores en Ribadelouro e por último o xoves en Pexegueiro. Todas as reunións serán ás 20 h na casa cultura de cada unha destas parroquias.

Calendario de Reunións do Equipo de Goberno nas Parroquias

  • Venres, 15 de novembro, ás 20 h no edificio da Macoca en Pazos de Reis
  • Luns, 18 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural Caldelas
  • Martes, 19 de novembro, ás 20,00 horas na Casa Cultural de Paramos
  • Mércores, día 20 de novembro, ás 20,00 horas na Casa Cultural de Ribadelouro
  • Xoves, día 21 de novembro, ás 20,00 horas na Casa Cultural de Pexegueiro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.