Asemblea Galega de Áreas Sanitarias. Aprobouse a convocatoria de folga para os días 27 e 28 de novembro

Aprobouse na Asemblea Galega de Áreas Sanitarias celebrada en Santiago. Convócase folga para médicos de familia e pediatras de atención primaria para os días mércores 27 e xoves 28 de novembro.
Acordouse tamén realizar mobilizacións locais durante os días de folga. En concreto na Coruña está prevista:
– unha concentración o día 27 ás 8 da tarde no Obelisco con invitación á cidadanía
– o día 28 farase unha concentración ás 12 da mañá diante do centro de saúde do Ventorrillo.
Despois de levar cerca dun ano de conflito e de convocatoria de múltiples comisións por parte da Consellería o único que esta concretou cunha normativa foi un novo decreto de estrutura do sergas no que aparece o nome dunha dirección de atención primaria pero sen cambio de contido respecto do que había antes (chamada dirección de procesos sen ingreso), nada que ver co que se reivindica, que é ter unha estrutura propia de xestión de atención primaria, con presuposto propio. A Consellería, co único movemento real que fixo nestes meses, insiste na mesma política sanitaria,
nos mesmos erros.

Ventorrillo

Os puntos reivindicativos aprobados na folga son:
1. Xerencia de Atención Primaria. Recuperar a estrutura de xestión de atención primaria en 3 meses.
2. Tempo para atención ó paciente: limitación de 30 citas por día.
3. Estabilidade e non precariedade: oferta e convocatoria de “todas” as vacantes de “todas” as categorias mediante OPE.
4. Cobertura do 100% das ausencias de “todas” as categorias.
5. Orzamento específico e propio de Atención Primaria ata acadar o 25%, a razón dun incremento mínimo anual de 3 puntos porcentuais.
6. Atención Homoxénea en todas as áreas sanitarias:
– Garantir a derivación de presenza física a todos os servizos hospitalarios.
– Teleconsulta en todos os servizos hospitalarios e resposta en menos de 7 días.
– Acceso a todas as probas diagnósticas
Achegamos o manifesto da folga e fotos dalgunhas concentracións de hoxe, xoves, nos centro de saúde:

_Manifesto Folga pola Atención Primaria do 27 e 28 de novembro 2019

Adormideras

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

siete − 7 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.