Balseiro aplaude o pronunciamento público da Federación de Veciños no que se insta ao Concello a recepcionar canto antes o novo auditorio de Lugo

O delegado territorial di que a Xunta está en disposición de facer efectiva, de xeito inmediato, a entrega das instalacións e anima ao resto dos colectivos da cidade a sumarse a esta petición para que o Concello non demore a apertura do auditorio

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, agradeceu hoxe o pronunciamento público da Federación Provincial de Asociación de Veciños no que se instaba ao Concello de Lugo a recepcionar canto antes o novo auditorio da cidade e reclamaba, que a administración local traballe nunha programación sólida propia dunha infraestrutura cultural desta relevancia.

Balseiro insistiu, tal e como leva mantendo nas últimas semanas, que a Xunta está en condicións de facer efectiva a entrega desta obra e agarda que poida darse ese paso á maior brevidade posible, se hai vontade por todas as partes e, nese senso, espera que as xestións que están dando os equipos técnicos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Concello de Lugo frutifiquen o antes posible.

O delegado aproveito tamén para reclamar “a axuda do resto dos colectivos de Lugo” para que se sumen a unha reivindicación “xusta para a cidade” e, nese senso, se produzan novos pronunciamentos no mesmo sentido, pedindo ao Concello que non dilate no tempo a recepción dunha infraestrutura cultural financiada pola Xunta e cuxa obra civil xa rematou hai tres anos e está agora perfectamente equipada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

9 − 7 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.