Brais Morán, en concerto, este sábado na Casa-Museo Manuel María

Interpretará, en solitario, temas dos seus traballos “Cruzando o eclipse” e “No mato do desespero”, alén de novas composicións que está a preparar

O auditorio da Casa-Museo Manuel María será escenario dun novo espectáculo musical este sábado, 16 de novembro. Desta vez o convidado será Brais Morán que levará a cabo un concerto en formato solitario (guitarra e voz) ás 20 horas.

Brais Morán, con  vinte anos de traxectoria musical e referente da música galega, repasará temas dos seus traballos “Cruzando o eclipse” (2015) e “No mato do desespero” (2018), así como outras composicións propias, alén dalgún clásico dos tempos de Loretta Martin, grupo funk do que foi fundador e integrante e con que gravou tres discos. As cancións de Brais están cheas de diferentes estilos que pasan polo rock, funk, soul, ritmos brasileiros, africanos e tradicionais galegos.

Recentemente vén de presentar single, videoclip e novo espectáculo “Disque ao So(u)l”, carregado de Disco-Funk ( https://www.youtube.com/watch?v=ToRRbAU44Qk ) .

O billete (5 euros) para o concerto pode reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

15 + doce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.