@ConcelloCoruna. A rúa de Manuel Murguía contará con carril bici bidireccional

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, levará á próxima Xunta de Goberno Local do día 6 o proxecto de reurbanización da rúa de Manuel Murguía, que inclúe a construción dun carril bici bidireccional no lado do estadio. A actuación recolle a eliminación dun carril de entrada á cidade, dirección rotonda das Escravas, e a renovación de beirarrúas e pavimentos. Ademáis, levaranse a cabo melloras na accesibilidade coa ampliación de paradas de buses e a instalación de sistemas de seguridade nos pasos a peóns. O importe das obras ascende a 385.515,41 euros.

Desde Urbanismo destacan que o carril bici forma parte do modelo de mobilidade urbana no que traballa o Goberno Local e que pretende dar prioridade á bicicleta.   Neste caso, a intención da Concellaría é que no futuro o tramo de Manuel Murguía conecte por unha banda coa Cidade Escolar, polo polígono de Náutica, e polo lado da Ronda de Nelle co futuro carril bici que se construirá unha vez que se elimine o viaduto. O edil de Urbanismo sinala que o cambio na mobilidade é xa unha realidade: “Apostamos pola bici como medio de transporte na cidade”

Doutra banda, cos traballos nas beirarrúas e nas paradas de autobús urbano o Goberno local prosegue as melloras encamiñadas a construír unha cidade máis accesible, máis inclusiva. O Concello traballa na posta en marcha dun plan de accesibilidade permanente para lograr “unha cidade sen barreiras”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.