@CorunaTurismo. O Consorcio de Turismo promove A Coruña como destino internacional na World Travel Market de Londres

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña participa esta semana na World Travel Market (WTM) que se celebra en Londres entre o 4 e o 6 de novembro. Esta feira é un dos principais turísticos a nivel mundial e reúne a todo tipo de destinos, tour operadores, hoteis, prensa especializada, liñas aéreas e servizos de viaxes a nivel internacional.
Nesta ocasión, A Coruña volve participar con expositor propio dentro do espazo de Turespaña e en colaboración coa Axencia Galega de Turismo e o Clúster de Turismo de Galicia. A cidade está representada pola Concelleira de Turismo e Presidenta do Consorcio, Diana Sobral Cabanas, pola xerenta do Consorcio, Lanzada Calatayud, así como representantes de Hospeco (Asociación empresarial de Hospedaxe de A Coruña), do Mundo Estrella Galicia, da Deputación da Coruña e de DMC Galicia, empresa especializada na promoción e comercialización do destino Galicia e que, entre outras labores, realiza as visitas caracterizades na cidade da Coruña.
A maiores, o stand coruñés recibiu na mañá deste luns a visita da ministra de Turismo en funcións, Reyes Maroto, quen se amosou interesada no destino polo feito de representar o porto histórico do Camiño Inglés e nunha xuntanza co deputado Antonio Leira e cos representantes de Turismo da Coruña afondou na posibilidade de colocar algún tipo de símbolo do Camiño Inglés na cidade londiniense.
Durante estas xornadas en Londres, a delegación coruñesa ten unha axenda con arredor de 30 reunións con tour operadores, asociacións turísticas e medios de comunicación co fin de potenciar a nivel internacional a cidade como destino turístico. Este tipo de empresas cobren todos os espectros turísticos, desde os que buscan un destino cultural, como city-break, gastronómico e unha gran parte amósanse interesados na cidade por ser o porto de chegada do Camiño Inglés.
Nas citas celebradas o primeiro día as empresas amosaron moito interese pola Coruña á que definen como un destino urbano aínda por descubrir no mercado británico e que se caracteriza pola súa oferta multiexperiencial e pola súa autenticidade.
Entre as reunións marcadas para o segundo día atópase, entre outras, unha coa British Pilgrimage Trust e a English Heritage. Organizacións dinamizadoras do patrimonio cultural e que xa incluíron no seu catálogo anual e revista cuadrimestral -distribuídos a un público de 600.000 socios- unha mención ao Camiño Inglés e A Coruña como porto de chegada do Camiño grazas a unha colaboración co Consorcio de Turismo coruñés.
Sobre a World Travel Market
A World Travel Market é unha das principais citas internacionais da industria do turismo xunto a Fitur ou a ITB de Berlín. Na pasada edición reuníronse 51.000 profesionais do sector turístico de todo o mundo e un total de 89.000 visitantes que xeraron un volume de negocio de máis de 3.000 millóns de libras.
Finalmente o Consorcio de Turismo participará o vindeiro mércores, día 6, na Travel Weekly  Destination Show Case, un workshop especializado con axencias de viaxe e operadores de turismo que se atopan dentro de ETOA (Asociación de Operadores de turismo Europeos) interesados en buscar novos destinos para as súas viaxes en España e Portuga

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

nueve + 19 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.