Fillos do Estramonio na sala El Contrabajo de Vigo

Os artífices da sonada A noria de Abel Caballero actuarán o próximo 5 de decembro na sala El Contrabajo de Vigo nun concerto incluido dentro da súa xira ‘Rock&Risa’

Corría o ano 2011 cando, por diferentes circunstancias da vida que agora non veñen ó caso, estes seis rapaces coinciden traballando xuntos. Alí descobren que a todos lles gusta a música, e que todos tocan algún instrumento musical. Deciden entón poñerse a ensaiar xuntos “a ver que pasa”, e desta maneira naceron Fillos do Estramonio.

Chegaron ao noso mundo cun obxectivo claro: rebentar estadios, facer unha morea de cartos, e disolver a banda para facer un reencontro 20 anos despois. E aínda que o camiño é longo, están traballando duro para acadalo, aínda que a día de hoxe non teñamos moi claro se son unha banda de rock, de música, de humor… Pero se xuntas todo isto con media ducia de descerebrados, é o que obtés como resultado.

Ao mando desta banda atópase o arteixán Pepe Capelán, coñecido por aparecer en diversos programas da canle autonómica, quen xunto ao resto da agrupación tardaron pouco máis de 24 horas en escribir a letra, montar un vídeo “chorras” feito así a propósito… para, en resumo, homenaxear A noria de Abel Caballero. Un tema que se fixo viral nas redes sociais e que compartiron personaxes públicos da talla de Glòria Serra (cuxa fotografía aparece no videoclip) en Twitter: A ver, @os_estramonios, me parece que voy a tener que subir a la noria de Vigo, no?

O próximo 5 de decembro, ás 23.00h, estarán na sala El Contrabajo de Vigo presentando este e moitos temas coñecidos como Sachas moi mal ou Churrasco de amor.

¡Entradas a 5€ á venda o mesmo día na billeteira!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.