@galizaCIG. Coremain podería estar deslocalizando actividade a Perú

A CIG denuncia que a empresa Coremain non renovou o contrato a un elevado número de traballadoras e traballadores, en concreto un 20% do persoal, entre xente da propia da empresa e ETTs, aproximadamente. A central sindical alerta de que porén, mentres destrúe emprego en Galiza abriu a mesma actividade en Perú. De feito asegura que desde que a empresa realiza actividades en Perú reduciuse o volume de incidencias no centro de traballo galego.

A CIG lembra ademais que o persoal ao que non se renovou, e cuxa a actvidade poderíase estar deslocalizando a Perú, realizou un enorme esforzo, a mediados de 2018, retrasando unha subida salarial prevista polo convenio. Porén varios traballadores están vendo como non se lles renova o contrato antes de que se faga a efectiva a subida acordada.

Nun sector como o das TIC, na que centos de mozos e mozas emigran do país en busca de oportunidades laborais, obrigadas polo desmantelamento industrial provocado pola inoperancia da Xunta en políticas activas de emprego, e no que as empresas acadan beneficios e cifras de negocio millonarias, é inaceptable que se empreguen Empresas de Traballo Temporal e se precaricen as condicións de traballo do conxunto dos traballadores e traballadoras, así como que se deslocalize traballo, perdendo o tan cacarexado “know-how” que pregoan nas súas notas de prensa por rabuñar uns euros mentres se fan asinar acordos para non ter que aplicar subidas recollidas no convenio colectivo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 × cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.